Deberás mercar nun comercio ou empresa asociada adherida á promoción da Comarca do Morrazo, entre o 2 de Decembro de 2011 e o 6 de Xaneiro de 2012, ambos incluidos.
Pola túa compra recibirás unha tarxeta cun código alfanumérico (por exemplo: 4EW3C)
Entra na páxina web: www.compranomorrazo.com e introduce o código para saber se resultas premiado.
Nese intre o cliente saberá se o seu código resultou premiado cun premio directo. É moi importante gardar o código de participación como comprobante e presentalo cando recolla o premio.
Todos os participantes deben gardar o código ata o final da promoción, porque realizaremos un GRAN SORTEO final con todos os códigos rexistrados.
A data límite para validación de códigos será o 7 de Xaneiro de 2012 ás 23:59h


